Casa da Cultura e multiusos

Edificio inaugurado no ano 1999 que conta con 2 plantas, máis un soto con diferentes estancias.
O edificio está situado na céntrica rúa Cidade de Mondoñedo e supón un punto de encontro dos veciños, lugar de reunión de asociacións e colectivos municipais, salón para diferentes actos, salas para cursos, etc.
Ademais, o edificio multiusos, sito ao lado da Casa da Cultura, tamén alberga unha aula e as instalacións do Punto de Atención á Infancia.