Viaxe a Xuvenlugo

24-11-2015

O sábado 9 de xaneiro dous autobuses fletados polo Concello de O Vicedo partirán cara a Lugo para participar en Xuvenlugo, unha especie de mini parque de atraccións con divertimento tanto para os máis pequeniños de 0 a 3 anos, como adolescentes ata a maioría de idade.

A viaxe está destinada por tanto aos nenos e nenas e as súas familias, que os acompañarán da mesma maneira que se ven facendo os últimos anos.

Hai que destacar que Xuvenlugo celébrase nun recinto pechado, con calefacción e con servizos como cafetería, gardarroupas, etc.

Compartir: