Venres 12 de febreiro

Tarde-Noite de xogos de mesa na Casa da Cultura

02-02-2016

Foto dunha edición anterior destas tardes noites de xogos de mesa

O venres 12 de febreiro vaise organizar unha tarde-noite con diferentes xogos de mesa como Scattergories, Tabú, Party & Co, parchís, oca, xadrez, Superpoly, Scrabble, 4 en liña, etc. 

Está previsto que de 17h30 a 19h30 participen os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria e xa en horario nocturno, a partir das 21h30, participen os xóvenes a partir de 12 anos e os adultos.

A actividade forma parte das actividades de ocio activo que se programan no Concello e que se compatibiliza coas tardes-noites de ping pong que se organizan para xóvenes todos os venres a partir das 19h, etc.

Máis información: 982 59 01 95

Compartir: