O proxecto O Vicedo: Historia e cultura mariñeira é financiado polo GALP A Mariña - Ortegal

18-10-2017

O proxecto O Vicedo:Historia e cultura mariñeira foi seleccionado polo Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro A Mariña - Ortegal (GALP) para ser financiado dentro da Estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobada pola Consellría do Mar, no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). O importe da axuda é de 23.472,16 € e o obxectivo do proxecto é o deseño e posta en marcha dun plan de actividades para dinamizar turísticamente o Concello de O Vicedo, poñendo en valor o patrimonio cultural, a cultura mariñeira e os produtos gastronómicos do mar

Compartir: