15ª edición do desfile de Samaín

23-10-2017

Un ano máis vaise celebrar o tradicional desfile de Samaín no Vicedo. Chegamos xa á 15ª edición, que se celebrará da seguinte maneira:

-Sábado 28 outubro, 16h. Casa da Cultura: Obradoiros de preparación do desfile tanto para nen@s de infantil e primaria como o de preparación de calabazas grandes (que ambientarán as rúas) para adultos.

-Martes 31 de outubro, 20h. Casa da Cultura. Desfile de Samaín polas rúas do Vicedo. É importante que @s nen@s  e adultos que queiran desfilar o fagan cunha sábana branca ou unha camiseta branca longa a modo de hábito para manterse fieis ao espíritu inicial da festa de Samaín do Vicedo, desfile pioneiro en toda a provincia de Lugo en canto á recuperación desta festa. Ao final do desfile haberá castañas e chourizos para tod@s @s asistentes.

Organizan: Concello de O Vicedo e APA O Vicedo.

Compartir: