Será no entorno das instalacións do PAI e a Casa da Cultura o venres 5

Os nenos e nenas do PAI mostrarán os seus traxes de antroido nun pequeno desfile

02-02-2016

Instalacións do PAI

O vindeiro venres día 5 de febreiro ás 11h30 os nenos e nenas que asisten ao Punto de Atención á Infancia (PAI) situado no Edificio multiusos, farán un pequeno desfile cos seus traxes elaborados para a ocasión, comenzando nas propias instalacións do PAI e rematando na Casa da Cultura (en función das condiciónns meteorolóxicas).

Convidamos tanto aos pais e nais dos nenos como a todos aqueles que os queiran ver, a que se acheguen a animalos nun día de celebracións para os máis pequeniños.

Compartir: