Dentro da programación Nadal pola Provincia da Deputación de Lugo

A clown e malabarista Lila Star actúa no Vicedo o mércores 3 de xaneiro

28-12-2017

Ademais das actividades previstas para o nadal como o festival de nadal previsto para o sábado e a viaxe a Xuvenlugo, a clown e malabarista Lila Star actuará o mércores 3 de xaneiro ás 17h na Casa da Cultura do Vicedo. A actuación forma parte das actividades da Deputación de Lugo por toda a provincia. Entrada gratuita.

Compartir: