Aberto o prazo de convocatoria para solicitude de subvencións municipais para asociacións

08-02-2018

Desde o 15 de febreiro ata o 30 de xuño de 2018 está aberto o prazo de convocatoria para solicitar subvencións municipais para actividades de interese xeral dirixidas a entidade sen ánimo de lucro que teñan radio de influencia ou repercusión no Concello de O vicedo e nos seus habitantes.

O requisito indispensable para poder acollerse a estas subvenións é figurar inscrito no rexistro municipal de asociacións. 

Máis información nas oficinas de servizos sociais do Concello de O Vicedo.

Compartir: