limpador/-a a media xornada

Oferta de emprego

06-03-2018

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun /dunha limpador/-a a media xornada. Data de inicio o 28 de marzo de 2018 por un período de 6 meses.

O prazo de inscrición comeza o 7 de marzo e remata o vindeiro 16 de marzo ás 15h. A selección será o 20 de marzo de 2018 ás 10h na Casa Consistorial.

Máis información e inscricións na oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, na Casa da Cultura ou pinchando no enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info

Compartir: