Auxiliar de axuda no fogar e limpador /-a

Ofertas de emprego

13-03-2018

Están expostas as bases para contratación dunha auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (30 horas semanais) con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello de O Vicedo con data de inicio 6 de abril e por un período de 6 meses. O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de marzo e a selección será o 27 de marzo ás 10h na Casa Consistorial.

Por outra banda tamén están expostas as bases para contratación dun/dunha limpador/-a a xornada completa con data de inicio prevista o 6 de abril e por 6 meses. O prazo de inscrición remata o 23 de marzo ás 15h e a selección será o 27 de marzo ás 10:30h na Casa Consistorial.

Máis información pasar pola Oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local da Casa da Cultura ou pinchando no enlace https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info

Compartir: