Ruta por Fuciño do Porco

Mércores de natureza especial semana santa

13-03-2018

Xa se aproximan as datas de semana santa e temos preparada unha actividade moi especial que quere dar certa continuidade ás do verán. Trátase dunha edición especial dos mércores de natureza que, neste caso, vai percorrer o entorno do Fuciño do Porco con viaxe en tren desde o Vicedo a Folgueiro e regreso tamén en tren desde San Román. O percorrido será Apeadoiro de Folgueiro, explanada do Bar Alba, Fuciño do Porco, Cruz de San Román e praia de Area Grande (aproveitando o Camiño natural do Cantábrico), comida de bocatas en San Román, igrexa de San Román e Apeadoiro de San Román.

Haberá prazas limitadas polo que se están interesados chamen o antes posible ó teléfono 982 590 195. Actividade destinada principalmente a adultos. 

Compartir: