prazo de presentación ata o 29 de febreiro

Convocatoria para selección dun peón de recollida de lixo

24-02-2016

Están expostas no taboleiro de anuncios do Concello de O Vicedo as bases para a selección mediante concurso oposición dun peón de recollida de lixo, como persoal laboral temporal, por un período de seis meses a xornada completa, sendo a data de inicio prevista o 14 de marzo de 2016.

O prazo de presentación de instancias remata o día 29 de febreiro de 2016 ás 15h. A selección será o 1 de marzo ás 12h na casa consistorial.

Para máis información e solicitudes poden pasar polo Concello ou pola Oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura ou chamar ao 982 59 01 95.

Compartir: