Auxiliar de axuda no fogar

Oferta de emprego a xornada parcial

29-03-2016

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, con carácer urxente, dun auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (31 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello de O Vicedo. O prazo de inscrición remata o 6 de abril ás 9h30, día no que se celebrará o proceso de selección ás 10h.

Máis información na Axente de emprego e desenvolvemento local, na Casa da Cultura do Vicedo.

Compartir: