Axudas Municipais para transporte escolar

23-10-2018

Ven de ser aberto o prazo de solicitude de axudas municipais para transporte escolar para alumnos de ensino non obrigatorio (alumnos de bacharelato ou F.P. e universidade, matriculados e presentados cando menos ao 50% das materias do curso 2017-2018.

Deben presentarse nas oficinas municipais aportando a seguinte documentación:

-Solicitude (a disposición no Concello)

-Fotocopia do DNI do/da solicitante debidamente cotexada.

-Certificación bancaria da conta corrente do interesado

Para alumn@s da universidade:

-Fotocopia cotexada da matrícula

-Extracto do expediente universitario ou certificación de terse presentado como mínimo ao 50% das materias correspondentes ao curso 2017/2018

Para alumn@s de bacharelato ou FP

-Boletín de cualificacións ou certificación académica ou certificación de terse presentado como mínimo ao 50% das materias correspondentes ao curso 2017/2018

Máis información no 982  59 00 29 

Compartir: