Oferta de emprego: docentes para cursos AFD de atención sociosanitaria

08-11-2018

No PROGRESO de hoxe día 08/11/2018 publícase o anuncio da convocatoria para  proceder ó nomeamento, con carácter de urxencia, polo sistema de concurso, dos postos de traballo de docentes necesarios para impartir os módulos formativos (incluidos os trasversais) e titorías de dous cursos, un en horario de mañá e outro de tarde, da especialidade de Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, da programación AFD, exercicio 2018 e 2019, solicitados ao abeiro da Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establece a convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes aos exercicios 2018 e 2019.
 
prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais, a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria nun dos xornais de maior difusión da provincia de Lugo. Polo tanto, comenza mañá día 09/11/2018 e remata o día 19/11/2018 por ser o día 18 de novembro inhábil.

 

A presentación de solicitudes poderá realizarse no Rexistro xeral do Concello de Vicedo ou en calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Dada o carácter urxente da convocatoria, e para evitar posibles prexuízos para o solicitante, a presentación das instancias por calquera outro medio distinto ao da presentación no Rexistro xeral do Concello de Vicedo, deberá ser comunicada vía fax (número 982590001).

 

Compartir: