Programación sociocultural decembro 2018

03-12-2018

Este mes de decembro ven cargado de actividades tanto antes como durante o nadal. Cabe destacar que a compañía de teatro profesional Itaca, de Lugo, vai estrear no Vicedo a súa obra Cinco minutos sen respirar, obra dirixica principalmente a adultos, pero que seguro vai facer as delicias de todos os que se acheguen á representación.

Outra cita importante é o festival folclórico organizado por Os do 21, e que traerá grupos como a SRC Ledicia, Os do 21 e as Cantareiras de Valdeflores.

Actividades xa típicas do nadal son a videoconferencia con Papá Noel desde a Aula Cemit (o mércores 19 de decembro de 10h a 14h) e a Viaxe a Xuvenlugo, o sábado 29 de decembro pola tarde. Por último, os ensaios para o festival de nadal que será o venres 4 de xaneiro ás 19:30h, comezarán o mércores 26 de decembro.

Pinche no link para ver o cartel en tamaño grande: https://3.bp.blogspot.com/-ZjVPTV_uwdY/XAVatesdQ-I/AAAAAAAAPTo/exTw7_N3O6Q2_SZGPGy6wDYRo-vShyY_QCLcBGAs/s1600/programacion%2Bdecembro%2B2018.jpg

Compartir: