O sábado 26 de xaneiro

2º torneo tenis de mesa sub-18

17-01-2019

O vindeiro sábado 26 de xaneiro a partir das 16:30h disputarase na Casa da Cultura a segunda edición do torneo de tenis de mesa sub-18. Trátase dun torneo que ven a complementar o xa tradicional para todas as idades que se celebra a finais de agosto. 

O torneo será organizado de maneira que cada xogador/-a dispute un mínimo de 3 partidos e haberá premios para os 3 primeiros clasificados.

Anotacións na Casa da Cultura ou no teléfono 982  59 01 95 ou no mail omix@concellodovicedo.org

Compartir: