Oferta de emprego: Operario de servizos múltiples

18-01-2019

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 01 de febreiro, e cunha duración de seis meses.

O prazo de inscrición queda aberto desde o próximo día 19 de xaneiro e por un plazo de oito días naturais.  A selección realizarase o día  29 de xaneiro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Compartir: