Oferta de emprego: Axente TIC

28-01-2019

No Boletín oficial da provincia de Lugo do día 26/01/2019,  publicouse o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun AXENTE TIC, a xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo, e encargado da aula CEMIT.

Poden consultar as bases e descargar a instancia de solicitude no seguinte enlace: 
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  (apartado taboleiro de anuncios).


Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude é:

- DNI.

- Titulación esixida: estar en posesión dalgunha titulación de Técnico superior ou FPII da rama informática

- Acreditación de estar en posesión do CELGA 4 ou curso de perfeccionamento do galego.

- Acreditación dos méritos de ser o caso: vida laboral máis contratos de traballo, diplomas dos cursos e outras titulacións relacionados co posto de traballo.

Si a documentación se presenta directamente neste concello, deben traer os orixinais  da documentación anterior para o seu cotexo (faríanselles aquí as fotocopias). Si se presenta noutro rexistro, deberán enviar orixinais ou copias compulsadas ou cotexadas, sen perxuizo de que en calquer momento se lle poda requerir o orixinal.

Si presentan a solicitude noutro rexistro distinto o do propio concello, ademáis de todo o anterior, deben de enviar por fax ao 982590001, dentro do prazo estipulado, unha copia da solicitude correctamente presentada e datada, según o estipulado nas bases.


prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación no Boletín oficial da provincia,finaliza o próximo día 5 de febreiro de 2019.

Compartir: