Aberta a inscrición no Trail e andaina Concello de O Vicedo

04-02-2019

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nos Trails e andaina Concello de O Vicedo, que se celebrará o domingo 19 de maio e que constará das seguintes características:

Trail longo: 25 km

Trail curto: 15 km

Andaina: 15 km

O percorrido do trail longo comezará e rematará no porto pesqueiro do Vicedo saíndo ata o leste do Concello e regresando pola costa a través da ruta de sendeirismo da costa (entre Fuciño do Porco e o Porto do Vicedo).

A inscrición é exclusivamente online e pódese acceder pinchando no seguinte enlace: https://https://www.rockthesport.com/es/evento/1-trail-do-caolin-ao-fucio-do-porco/inscripcion/selecciona-tarifa/es/evento/1-trail-do-caolin-ao-fucio-do-porco/inscripcion/selecciona-tarifa

Na Casa da Cultura (de luns a venres en horario de mañá e tarde) podemos axudarlles na tramitación online da inscrición.

Compartir: