Ofertas de emprego: 2 peóns de mantemento de zonas naturais e un peón de servizos múltiples

14-02-2019

No BOP de Lugo de hoxe día 14/02/2019 publícase o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLESa xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Como o prazo de inscripción é de 10 días naturais contados a partir da dita publicación, comenza mañá día 15/02/2019 e ata o día 25/02/2019 (por ser o día 24 inhábil).

Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Compartir: