Oferta de emprego: Auxiliar de axuda no fogar

18-02-2019

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (37 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 07 de  marzo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza hoxe día 18/02/2019 e remata o vindeiro día 27 de febreiro, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día 27 de febreiro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Compartir: