Convocatoria de emprego: 3 peóns de protección de medio ambiente e espazos naturais

18-04-2016

Están expostas no taboleiro de anuncios do Concello as bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 3 peóns de protección do medio ambiente e espazos naturais, a xornada completa, con data de inicio o 9 de maio e remate o 8 de agosto.

O prazo de solicitude remata o 26 de abril ás 15h. A proba de selección realizarase o día seguinte, 27 de abril, ás 10h, na Casa Consistorial.

Máis información e inscricións na oficina da Axente de Emprego e desenvolvemento local, na Casa da Cultura.

Compartir: