Ofertas de Emprego: 5 peóns de protección do medio ambiente e espazos naturais, 1 auxiliar administrativo e 1 auxiliar de axuda no fogar

13-05-2019

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 5 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 10 de xuño e a de término o 09 de setembro de 2019.

O prazo de solicitude comenza o día 14 de maio de 2019 e remata o día 23 de maio de 2019. A proba de selección realizarase o día 28 de maio de 2018, ás 10:00 horas na Casa consistorial

Tamén están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR ADMINISTRATIVO, a xornada completa, con adscrición á Secretaria-Intervención do concello do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 10 de  xuño, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 14 de maio e remata o 23 de maio de 2019. A selección realizarase o día 27 de maio de 2019, a partir das 11:30 na Casa Consistorial.

 Por último, están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 12 de  xuño, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 14 de maio e remata o 23 de maio de 2019. A selección realizarase o día 27 de maio de 2019, a partir das 11:00 na Casa Consistorial
 
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Compartir: