Segunda edición do Concurso de Fotografía "Turismo O Vicedo"

04-07-2019

Está aberto xa o prazo para participar na segunda edición do concurso de fotografía "Turismo O Vicedo", que trata de mostrar as potencialidades turísticas do noso concello ao mesmo tempo que mostrar a faceta máis creativa e artística dos participantes. Este ano os premios estarán dotados de 450 € para o primeiro clasificado e 250 para o segundo. O xoves día 8 ás 21h será a proxección das fotografías e entrega de premios e o último día de prazo para presentar as fotografías é o 6 de agosto ás 14h.

 

Ligazóns

Compartir: