Admitidos/excluidos para o proceso de selección da Brigada de Incendios e Motobomba

05-07-2019

No día de hoxe, 05 de xullo de 2019, publícanse as seguintes listas de admitidos/excluidos provisionais, que no caso do xefe de brigada e dos condutores motobomba elévanse a definitivas por non haber candidatos/-as excluídos:

- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 3 Condutores motobomba, dous meses e medio a xornada completa.

 

As persoas que aparecen como excluídas, poderán formular alegacións ou correxir, no seu caso, os erros que proceda, no prazo de dous días hábiles a contar a partir de hoxe (sin contar sábados, nin domingos, nin festivos), é decir, os días 08 e 09 de xullo. 

Por outra parte, fíxanse as datas, hora e lugar da realización das probas, que serán:

* Para os condutores-motobomba:

- A proba de esforzo realizarase o día 10 de xullo, ás 11:00 horas, na clínica FOUZ de Viveiro. Os resultados se publicaran a máis tardar ás 15:00 horas do día 11 de xullo no taboleiro de anuncios, páxina web do concello e blog de emprego municipal.

 

- Os candidatos que superen a proba de esforzo deberán presentarse para continuar coas seguintes fases do proceso de selección, que terán lugar a partir das 10:30 horas do día 15 de xullo de 2019, na Casa da Cultura do Vicedo, continuando nos días sucesivos, á mesma hora e no mesmo lugar, no caso de non cubrirse o total de postos de traballo convocados ou de non rematar as probas de selección no día arriba indicado.

* Para o xefe de brigada, peón-condutor e os 3 peóns da brigada de incendios:

 - A proba de esforzo realizarase o día 10 de xullo, ás 11:00 horas, na clínica FOUZ en Viveiro. Os resultados publicaranse a máis tardar ás 15:00 horas do día 11 de xullo no taboleiro de anuncios, páxina web do concello e blog de emprego municipal.

- Os candidatos que superen a proba de esforzo deberán presentarse para continuar coas seguintes fases do proceso de selección, que terán lugar a partir das 11:00 horas do día 12 de xullo de 2019, na Casa Consistorial do Vicedo, continuando nos días sucesivos, á mesma hora e no mesmo lugar, no caso de non cubrirse o total de postos de traballo convocados ou de non rematar as probas de selección no día arriba indicado.

Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)

Compartir: