Ofertas de emprego: Auxiliar de axuda no fogar e peón de recollida de lixo
22-08-2019

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (34 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 16 de setembro, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición iniciase o próximo día 22 de agosto de 2019 e remata o 02 de setembro de 2019. A selección realizarase o día 04 de setembro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Por outra banda, están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN DE RECOLLIDA DE LIXO, con adscrición ao servizo municipal de recollida de lixo do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 16 de setembro, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición iniciase o próximo día 22 de agosto de 2019 e remata o 02 de setembro de 2019. A selección realizarase o día 04 de setembro de 2019, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0