OFERTA DE EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR A XORNADA PARCIAL (20H/SEMANA)

16-09-2019

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 8 de  outubro, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición iniciase o próximo día 17 de setembro de 2019 e remata o 26 de setembro de 2019. A selección realizarase o día 30 de setembro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Compartir: