Expostas bases de selección para o alumnado e persoal para o obradoiro de emprego "Terras do Sor III"

14-10-2019

Están expostas na sede electrónica e taboleiro de anuncios do concello as bases de selección do alumnado e persoal para o obradoiro dual de emprego, conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor III" e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. O número de alumnos/-as participantes é de 20: 8 para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e 12 para a especialidade de carpintaría e moble. Ademáis seleccionarase un director, 2 monitores de carpintaría de madeira, 1 monitor de sociosanitaria e 1 administrador a media xornada.

Para máis información, pode pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Compartir: