Teatro: A Compañía O Batán, de Foz, presenta "Bicos de Vinagre"

14-10-2019

Dentro do programa de teatro afeccionado Buxiganga, promovido pola Deputación de Lugo e os concellos, este sábado 19 ás 20h o grupo de Foz O Batán representará a obra "Bicos de Vinagre".

Trátase dunha comedia sobre as relacións entre pais e fillos e a desestruturación da familia tradicional. Cando  os fillos marchan das casa non sempre se comportan cos pais como deberían. E os pais, a miúdo, empregan aos fillos como parapeto tralo que agochar os defectos.

Compartir: