Publicada lista de admitidos/excluidos para posto de administrativo/-a

17-10-2019

Publicouse no día de hoxe 17/10/2019 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 18 e 21 de outubro para efectuar as alegacións que estimen oportunas.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 29 de outubro de 2019, ás 09:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

Compartir: