Festa Avós e Netos

17-10-2019

O sábado 16 de novembro terá lugar a edición 27 do Encontro Interxeracional de Avós e Netos. Poderán participar neste encontro as persoas empadroadas no municipio que sexan xubiladas, acompañadas polos seus cónxuxes aínda que este/-a non estea xubilado/-a, e polos netos e netas con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos.

O prazo de inscrición estará aberto entre o 28 de outubro e o 13 de novembro podendo realizala nas dependencias municipais dos servizos sociais, onde se lles entregará a entrada que este ano conta cun copago de 3€ por persoa adulta.

Compartir: