Publicada lista definitiva de admitidos/excluidos para selección de posto de administrativo

24-10-2019

Publicouse no día de hoxe 24/11/2019 a lista definitiva de admitidos e excluidos definitiva  en relación coas bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
 
Recordarvos que as probas e valoración de méritos terán lugar o día 29 de outubro de 2019, ás 09:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).
 
Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info. 
Compartir: