Convocadas as axudas municipais para transporte escolar

24-10-2019

Infórmase a todos os veciños e veciñas que está aberto o prazo para a solicitude das Axudas municipais para transporte escolar (curso 2018-2019) do ensino non obrigatorio, segundo as bases publicadas no BOP  nº 239 do 18 de outubro de 2019 e no taboleiro de anuncios do Concello.

Para máis información deberán presentarse nas oficinas municipais coa seguinte documentación:

-Solicitude (que está a disposición no Concello)

-Fotocopia do DNI do/a solicitante debidamente cotexada.

Para alumn@s de universidade:

-Fotocopia cotexada da matrícula

-Extracto do expediente universitario ou certificación de terse presentado como mínimo ao 50% das materias correspondentes ao curso 2018-2019

Para alumn@s de Bacharelato ou F.P.:

-Boletín de cualificacións ou certificación académica  ou certificadión de terse presentado como mínimo ao 50% das materias correspondentes ao curso 2018-2019.

Compartir: