XVII Desfile de Samaín

28-10-2019

Un ano máis, e van 17 edicións, celébrase o desfile de Samaín. O Vicedo foi un dos primeiros lugares de Galicia que recuperou o Samaín. seguindo a liña do que xa empezara a recuperar Cedeira. Coa coorganización da APA do Vicedo levamos adiante esta celebración onde invitamos a todos os nenos e nenas e maiores a que se acheguen o xoves ás 19:30h ao desfile que sae e remata na Casa da Cultura. Haberá este ano varias sorpresas e novidades que iremos anunciando na medida que poidamos...

Compartir: