Ofertas de emprego: Auxiliar de axuda no fogar e Auxiliar Administrativo con adscrición á secretaría-intervención

19-11-2019

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (22 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 12 de decembro, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 20 de novembro e remata o 29 de novembro de 2019. A selección realizarase o día 02 de decembro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Por outra parte, están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso, dun/dunha  AUXILIAR ADMINISTRATIVO, a xornada completa, con adscrición á Secretaria-Intervención do concello do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 10 de  decembro, e por un período de tres meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 20 de novembro e remata o 29 de novembro de 2019. A selección realizarase o día 02 de decembro de 2019, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Compartir: