Ofertas de emprego: Limpador/-a e Auxiliar de Axuda no Fogar

21-11-2019

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A baixo a modalidade de contrato de traballo de interinidade, coa xornada das persoas as que sustitúe, desde o próximo día 23 de decembro de 2019 ata o 28 de xaneiro de 2020.

O prazo de inscrición omenza mañá día 22 de novembro e remata o próximo día 02 de decembro de 2019,  ás 9:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mesmo día 2 de decembro ás 10:15 horas, na casa consistorial de O Vicedo.

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, con carácter de urxencia, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, para cubrir vacacións, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista ao finalizar os trámites do proceso selectivo

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 22 de novembro e remata o 28 de novembro de 2019. A selección realizarase o día 29 de novembro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Compartir: