Dirixidos a xóvenes de 16 a 30 anos desempregados

Cursos da Deputación de Lugo no rural

09-01-2020

Ata o 20 de xaneiro está aberto o prazo para inscribirse nestes cursos de 50 horas que organizará en febreiro a Deputación de Lugo en diferentes lugares da provincia. Trátase de cursos para xóvenes de 16 a 30 anos, inscritos na oficina de emprego, e que os formará en ámbitos como a hostelería, enerxía eólica, autoemprego, benestar animal e repoboacións forestais. Os cursos teñen unha axuda de 13,45€ diarios por desprazamento. Para unha información máis detallada podedes pasar pola oficina da Axente de emprego, na Casa do Concello, ou chamar á Deputación ao 982 260 204. Tamén no link tedes toda a información sobre este programa:

http://www.deputacionlugo.gal/temas/emprego/prende/genera

Compartir: