O Vicedo participa na Feira Xantar de Expourense

10-02-2020

O Concello de O Vicedo, xunto co de Mondoñedo, participan na Feira Xantar, en Expourense, entre o 5 e o 9 de febreiro. Trátase dunha feira onde se os 2 concellos se promocionan conxuntamente e mesmo se presenta un folleto conxunto divulgando 2 grandes atraccións naturais dos 2 concellos: O Fuciño do Porco e a Cova do Rei Cintolo. 

O mércores 5 tivo lugar o acto de presentación do stand conxunto e para isto contamos coa presencia de Queiman e Pousa que ofreceron un pequeno espectáculo ao público e autoridades que se achegaron ao stand conxunto. Ao longo de todos os días da Feira Xantar, numerosos visitantes mostraron o seu interese polos diferentes lugares turísticos do municipio, as praias, as festas, miradores, etc. 

Compartir: