Ofertas de emprego: Peón de recollida de lixo e auxiliar de axuda no fogar

19-02-2020

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  PEÓN RECOLLIDA DE LIXO, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de recollida de lixo do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de marzo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 20 de febreiro e remata o 02 de marzo de 2020 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 4 de marzo de 2020, a partir das 10:30 na Casa Consistorial

Por outra banda, están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (35 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de marzo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 20 de febreiro e remata o 02 de marzo de 2020 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 4 de marzo de 2020, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Compartir: