Publicadas listas de admitidos/excluídos provisionais para selección de 2 peóns de mantemento de zonas naturais e 1 peón de usos múltiples

28-02-2020

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, poden verse as resolucións da alcaldía pola que se aproban as listas de admitidos e excluidos provisionais (no caso do peón de servizos múltiples elévase  a definitiva) para a para a selección, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLESa xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo: 

https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3

Recordamoslles que as probas de selección para tódolos postos realizarase o próximo día 11 de marzo de 2020, na casa do concello, sita na r/Travesía da Mariña, 57: os dous peóns de mantemento de zonas naturais ás 10:00 horas e o peón de servizos múltiples ás 12:00 horas

Compartir: