Ofertas de emprego: Limpador a xornada parcial e auxiliar de axuda no fogar

05-03-2020

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A a xornada parcial (70%), por un período de 6 meses.

O prazo de inscrición iniciase mañá día 6 de marzo e remata o próximo día 16 de marzo de 2020, realizándose o proceso de selección o día 18 de marzo partir das 10:30 horas na casa do concello.

Por outra parte, están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (para cubrir vacacións), con data prevista de inicio o 7 de abril de 2020

O prazo de inscrición iniciase o día 6 de marzo e remata o próximo día 16 de marzo de 2020, realizándose o proceso de selección o día 18 de marzo partir das 10:00 horas na casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

Compartir: