Bando sobre as medidas adoptadas polo coronavirus

13-03-2020

Infórmase que, en vista da situación sanitaria e, en consonancia coas medidas acordadas pola Xunta de Galicia en relación co coronavirus, adóptanse as seguintes medidas preventivas, que entrarán en vigor a partir de hoxe venres 13 de marzo e ata o domingo 29 de marzo de 2020, ou ata que as autoridades sanitarias así o consideren:

-Suspender as actividades ou eventos que se realicen en locais pechados do concello, biblioteca, salón de actos, polideportivo, etc.

-Decretar o peche do Punto de Atención á Infancia a partir de hoxe 13-3-20 ata o 29-3-20, polo menos.

-Asimesmo, suspender os cursos que neste momento se están impartindo (cursos de formación profesional para o emprego AFD e Obradoiro de Emprego)

Manteranse os servizos básicos como axuda no fogar

-Estas medidas son de carácter preventivo, co cal a súa aplicación non debe xerar inquitude social, xa que son actuacións necesarias e responsables para previr contaxios. 

O Vicedo, a 13 de marzo de 2020.

Compartir: