Posta en marcha dun proxecto de voluntariado para creación de mascarillas

02-04-2020

O Concello de O Vicedo pon en marcha un proxecto para que voluntarios e voluntarias poidan coser nas súas casas mascarillas. Os/as interesados/-as en participar neste proxecto deben chamar ao teléfono 660 19 27 65 (Pilar) e Protección Civil irá aos seus domicilios para suministrar o material co que confeccionar as mascarillas. Unha vez rematadas, tamén persoal de Protección Civil se achegará a recollelas aos domicilios dos/das voluntarios/-as e serán levadas a esterilizar antes de repartilas.

Queremos agradecer a colaboración de Alcoa e África copias por suministrar o material co que se están facendo as mascarillas. Tamén por suposto á Escola de costura Loli Polo polos seus consellos e asesoramento para facer ben as mascarillas. E por suposto á Agrupación de Protección Civil do Vicedo e aos voluntarios e voluntarias non só de Vicedo senón tamén doutros lugares da comarca que están colaborando preparando as mascarillas.

Compartir: