Oferta de emprego: Operario/-a de servizos múltiples

14-04-2020

 
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na súa sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario/-a de servizos múltiples, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 28 de abril, e cunha duración de seis meses.

O prazo de inscrición queda aberto desde o día 14 de abril e ata ás 9:30 horas do día 23 de abril de 2020. A selección realizarase ese mesmo día 23 de abril, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Compartir: