Impresión de deberes, apuntes etc para alumnos de Primaria, ESO, FP e Universidade

14-04-2020

Desde hoxe actívase un servizo especial de impresión de documentos (apuntes, deberes...) para alumnos de Primaria, Secundaria, FP e Universidade do noso municipio.
O sistema para o envío e recepción é o seguinte:
1.- Enviarase o/os documento/s ao correo electrónico apuntes@concellodovicedo.org. Ademais dos documentos, haberá que indicar nome e apelidos do alumno, dirección e teléfono de contacto.
2.- Os documentos imprimiranse na Casa da Cultura e serán enviados a través d@s voluntari@s de Protección Civil á dirección indicada no mail.
Unha vez máis, agradecer á Agrupación de Protección Civil do Vicedo a súa colaboración.
Compartir: