Ofertas de emprego: 8 peóns e 1 auxiliar de axuda no fogar

20-05-2020

Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 8 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 10 de xuño e a de finalización o 09 de setembro de 2020.
O prazo de solicitude comenza o día 20 de maio e remata o día 29 de maio de 2020. A proba de selección realizarase o día 02 de xuño de 2020, ás 10:30 horas na Casa consistorial.
 
Por outra banda, están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (22 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 12 de xuño, e a duración do contrato seis meses.

O prazo de inscrición de solicitudes queda aberto desde o día 20 ata o 29 de maio de 2020. A selección realizarase o día 02 de xuño de 2020, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

 Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Compartir: