Admitidos/excluídos para a proba de selección de Axente TIC

28-05-2020

Aula Cemit O Vicedo

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, pode verse a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de admitidos e excluídos provisional que foi elevada a definitiva para a selección do axente TIC, así como a designación do tribunal e a data e hora na que se realizarán as probas.

A proba de selección realizarase o próximo día 04 de xuño de 2020, ás 10:30 horas, na Casa da Cultura de O Vicedo, sita na r/Cidade de Mondoñedo, 23.

Compartir: