Anuncio contratación persoal incendios 2020

05-06-2020

No BOP de Lugo do 04/06/2020 publícase o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, do persoal de incendios para a campaña 2020:

- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe de brigada para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 3 Condutores motobomba, dous meses e medio a xornada completa.

O prazo de solicitude estará aberto desde o día 05 de xuño de 2019 ata o día 15 de xuño de 2020 (por ser inhábil o último día de prazo).

Máis información e solicitudes contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace:   https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info

Compartir: