Oferta de emprego: 3 vixiantes/controladores para a zona de Fuciño do Porco

11-06-2020

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición, de tres vixiantes/controladores para a zona de “Fuciño do Porco”, co fin de garantizar que se cumpran as medidas de seguridade establecidas en relación coa situación de emerxencia sanitaria por mor do COVID, a xornada completa, durante a tempada de verán / 2020.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase mañá día 12 de xuño e  remata o próximo día 22 de xuño de 2020. Realizándose o proceso de selección o día 23 de xuño de 2020, a partir das 10:00 h. na Casa consistorial.

Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.

No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/

Compartir: